Ir o contido principal

Listado de novas

Visita do coro e rondalla á residencia Volta do Castro

Onte, día 21 de decembro do 2022, o coro e a rondalla do colexio foron visitar e amenizar con unhas panxoliñas a os maiores da residencia Volta do Castro. Esta era unha tradición que quedou truncada por causa da pandemia durante dous anos, pero que cando fose posible de retomar, íase facer.

41ª Carreira e festa da Milagrosa

Este ano volvimos a ter sorte e despois dunhas semanas de continuas choivas o pasado venres 25 de novembro o tempo deu unha tregua - non iba a ser menos - para que os nosos pequenos puidesen disputar unha vez máis a carreira da Milagrosa.

Slow Food km 0

Un novo éxito do colexio, nesta ocasión da man da xestión do comedor. O 16 de Xuño, José Luis Cabarcos Corral, director de AGACAL (Axencia Galega da Calidade Alimentaria), otorgou a certificación "km 0" ao noso centro por medio de Slow Food Compostela, acreditación que certifica ao noso comedor como un seguro de calidade alimentaria para os nosos alumnos e alumnas.

Fondo libros

ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.