Premio III Concurso de Debuxo para Centros Escolares
A nosa alumna Carmen C. de 1º de Educación Primaria recibiu o premio ao 1º ciclo do Concurso de Debuxo para Centros Escolares "Xosé Antón G. González-Ledo. Debuxando o noso patrimonio”, convocado polo Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (IEGPS), centro mixto do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e da Xunta de Galicia, enmarcado na Semana da Ciencia e a Tecnoloxía celebrado o pasado mes de novembro.
O obxectivo do concurso era fomentar e involucrar os máis pequenos no interese polo respecto, coidado e divulgación do patrimonio histórico-artístico galego a través da súa expresión plástica. Para iso, os participantes tiñan que debuxar ou ilustrar un elemento que forme parte dun monumento que teña valor histórico, arqueolóxico ou similar (igrexas, parques, esculturas, pazos, escudos...) da cidade de Santiago de Compostela, declarada en 1985 Patrimonio Cultural da humanidade pola UNESCO.