Listado de novas
Premios concurso de debuxo esclerose múltiple
250 nenas e nenos participaron na campaña “Cores para a esclerose” de ACEM con motivo do vindeiro Día Mundial da Esclerose Múltiple .A campaña desenvolveuse durante un mes con motivo do vindeiro Día Mundial da Esclerose múltiple (30 de maio de 2021), contou coa colaboración dos Concellos de Santiago, Ames, Teo, Brión e Oroso e da empresa Alcampo.
Medidores de CO2 cedidos pola ANPA
A ANPA do cole comprou para o centro quince medidores de CO2 para situalos nas aulas e nos espacios comúns coa finalidade de comprobar os niveis dese gas no ambiente e así saber se o aire está moi cargado e é necesario ventilar ou se pola contra está nun nivel óptimo. Son uns aparatos nos que aparece unha cifra que indica canto CO2 hai na aula indicando coa cor verde se o nivel é bo, coa cor amarela se é aceptable e coa cor vermella se hai que renova o aire, polo que é moi sinxelo ter a clase en boas condicións para evitar un posible contaxio por aerosois da CoVid-19.
Un mago no cole
Onte veu polo cole un mago e no foi un mago calquera. Chámase Víctor Noir e fixo do seu espectáculo un momento moi ameno para todos os nenos e tamén aos non tan nenos que alí estabamos. Apareceron e desapareceron moedas, viaxaron bolas, cordas estiráronse coma serpes que se cortan e se volven a unir, había unha caixa que parecía que non tiña fondo e unhas pombas que estanban nunha xaula desapareceron con xaula e todo! Foi moi divertido e convertiu unha tarde normal no cole en algo moi especial, coma se fora por arte de maxia...
Día das Letras Galegas 2021
Hoxe é o día do noso idioma, é o día das Letras Galegas. A homenaxeada é Xela Arias, escritora, traductora, editora e profesora, que nos deixou a unha idade moi temperá, só con 43 anos no ano 2003. Velaquí tedes un vídeo coas actividades que fixo o noso alumnado. Esperamos que vos guste.
Proceso de admisión e matriculación curso 2022-2023
A continuación expoñemos os pasos a seguir para a admisión e matriculación do alumnado no noso centro segundo a normativa vixente.