Tarifas Actividades Extraescolares
Coincidindo co inicio do curso 2024-2025, o centro pon a vosa disposición a relación de actividades que se propoñen para o presente curso.
Inglés: dúas sesións semanais compatibles coas quendas do comedor (35€/mes), que se realizarían nos seguintes horarios:
12.30-13.30: 3º, 4º e 5º de Educación Primaria.
13.30-14.30: Educación Infantil, 1º , 2º e 6º de Educación Primaria.
Esta actividade terá continuidade ata o 20 de xuño incluído.
Baile Moderno. Luns ou xoves de 17h a 18h.
Taekwondo. Mércores de 17h a 18h.
Francés. Xoves de 12.30 a 13.30 (5º) e de 13.30 a 14.30 (6º).
Música. Mércores de 17h a 18h.
Xogos. Luns de 17h a 18h.
Manualidades. Martes de 17h a 18h.
Debuxo e Pintura. Xoves de 17h a 18h.
[Estas actividades teñen un custo de 20€/mes].
Robótica. Luns, martes ou xoves de 17h a 18h. [custo da actividade 25€/mes].
O centro oferta ademáis as seguintes actividades:
Informática. Martes de 14h a 15h. [custo da actividade 10€/mes].
Tardíos I
O custo do servizo de tardíos de 17:00h a 18:00h será de:
Un día de tardíos ................10 euros/mes.
Dous días de tardíos ...........20 euros/mes.
Tres días de tardíos.............25 euros/mes.
Catro días de tardíos...........30 euros/mes.
Día solto................................6 euros.
Tardíos II
Mensualidade.......................20 euros/mes.
Día solto (luns a xoves)..........2 euros.
Día solto (venres)...................6 euros.
Fútbol campo: O equipo E.D.S. Santa Marta continuará a actividade co alumnado do noso centro. Dependerá única e exclusivamente do propio club. Os venres recollerán ao alumado no centro e realizarán os traslados ata as instalacións do campus universitario. Se algún alumno ou alumna quere participar nesta actividade pode poñerse en contacto co club a través do número de teléfono 697408573 ou no correo electrónico info@edssantamarta.com.
O importe das actividades abonarase no mesmo número de conta que o comedor ES25 - 2080-0314-39- 3040013323 de ABANCA.
Os ingresos deberán efectuarse no transcurso dos dez primeiros días de cada mes. En cada abono deberán figurar: apelidos e nome do alumno/alumna, curso e o mes ao que corresponde. Recomendamos gardar a copia a fin de solucionar posibles erros.
SAÍDAS
A saída realizarase as 18:00 polas seguintes portas:
Porta de Rosalía de Castro
Rondalla , Coro, Robótica, Taekwondo, Baile moderno e Tardíos 1 de 4º, 5º e 6º, sairán pola.
Porta da Avenida de Barcelona
Manualidades, Debuxo e Pintura
Porta da rúa A Milagrosa
Xogos, Ed. Musical e Tardíos 1 de Educación Infantil e de 1º, 2º e 3º, sairán pola.
Coordinadora de Actividades Extraescolares.
Dona Felisa Pérez Ferreiro.