As portas de Santiago
Sabías que o centro histórico de Santiago de Compostela estivo rodeado durante anos por unha gran muralla de case dous quilómetros? E que posiblemente no teu día a día atraveses algunha das portas da muralla que na Idade Media foron estratéxicas?. Pouco se sabe de como era a construción orixinal da muralla, aínda que o Códice Calixtino si facía referencia ás sete portas principais, que servían de comunicación entre a cidade e o espazo rural. Tratábase da Porta Faxeira, Porta da Mámoa, Porta do Camiño, Porta da Pena, Porta de San Francisco, Mazarelos e Porta da Trinidade.
O pasado luns 12 de febreiro, os alumnos de 5° e 6° EP paseamos polo casco antigo da nosa cidade percorrendo os lugares onde se alzaban as 7 portas que pechaban Santiago na Idade Media.