Visita do coro e rondalla á residencia Volta do Castro
Onte, día 21 de decembro do 2022, o coro e a rondalla do colexio foron visitar e amenizar con unhas panxoliñas a os maiores da residencia Volta do Castro. Esta era unha tradición que quedou truncada por causa da pandemia durante dous anos, pero que cando fose posible de retomar, íase facer. É unha iniciativa que agradecen moito os usuarios xa que son os máis pequenos os que lle veñen felicitar o Nadal e supón ademáis un cambio na súa rutina diaria. Asimesmo para o alumnado do coro e rondalla serve para experimentar en primeira persoa unha realidade social e vital que non teñen presente en moitos casos.
El Burrito Sabanero, Noche de Paz, Navidad e sobretodo La Marimorena fixeron as delicias dos alí presentes que acompañaron con palmas a actuación do grupo musical. Ata houbo algún que pediu unha guitarra para unirse á festa! Ao rematar a actuación os nenos e nenas do coro e rondalla desfrutaron dun pequeno ágape brindado pola residencia antes de voltar ao colexio.
Foi unha xornada festiva onde todos os presentes gañaron, xa que foi algo bo para todos e sobre todo para os residentes e máis nestas sinaladas datas. Bo Nadal a todos e felices festas!