Ir o contido principal

Enviando as cartas ás Súas Maxestades de Oriente

Colexio A Milagrosa

Enviando as cartas ás Súas Maxestades de Oriente

O alumnado de Educación Infantil e de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria enviaron hoxe as súas cartas coas súas peticións para os tres reis de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar. Esperamos que todos se portasen moi ben para que lle traigan todo o que pediron dentro do posible, porque xa se sabe que todo ás veces non pode ser porque hai que repartir tamén cos demáis nenos e nenas do mundo. Velaquí os tedes depositando os seus desexos no buzón real para que logo o veña a buscar o paxe real e llo leve ás Súas Maxestades.