Ir o contido principal

41ª Carreira e festa da Milagrosa

Colexio A Milagrosa

41ª Carreira e festa da Milagrosa

Este ano volvimos a ter sorte e despois dunhas semanas de continuas choivas o pasado venres 25 de novembro o tempo deu unha tregua - non iba a ser menos - para que os nosos pequenos puidesen disputar unha vez máis a carreira da Milagrosa. Moita expectación e moitos nervios tamén, é unha ocasión moi especial na que as emocións están a flor de pel como pode atestemuñar calquera dos que alí estivo presente.

Comezaron coma sempre os máis pequenos seguindo una orde cronolóxica para rematar co alumnado de 6º de Educación Primaria. Logo celebrouse a entrega de trofeos por cursos e categorías para pasar a desfrutar dunha xornada festiva onde o alumnado de 6º celebrou o tradicional mercadiño onde recaudan cartos para a excursión de fin de curso.

 Como a data da carreira tradicional (26 de novembro) coincidía en sábado, esta celebrouse o día anterior, polo que coincidía co día en contra da voilencia de xénero e sendo así todo o persoal do centro e o alumnado portaron un lazo para concienciar sobre este problema. Ademáis previa á entrega de trofeos houbo un minuto de silencio en memoria das vítimas e en sinal de rexeitamento a esta lacra da nosa sociedade.

 

Galería completa de imaxes