Ir o contido principal

Visita ao Museo de Historia Natural de Santiago

Colexio A Milagrosa

Visita ao Museo de Historia Natural de Santiago

Representación do bosque

 

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria visitaron o Museo de Historia Natural de Santiago. Unha vez alí fixeron un recorrido polas salas expositivas con explicacións dun guía especializado para informalos dalgunhas peculiaricades das especies animais que se poden observar ou das propiedades dos moitísimos minerais alí expostos.
A continuación puideron realizar unha actividade didáctica, adaptada as idades e ao nivel de coñecemento do grupo, no que os participantes actuaron como “científicos” realizando un traballo de investigación sobre un tema relacionado coa exposición.

Foi unha saída moi productiva xa que lles gustou moito e sabemos que ata houbo quen repetiu acompañado dos seus pais e nais!