
Servizo de Comedor
O noso Centro conta cun Servizo de Comedor atendido polos responsables deste servizo e por persoal non docente que se encarga da cociña e que elaboran diariamente un menú equilibrado, fixado ao principio de cada curso, para que cada familia complemente nas demais comidas do día, coa finalidade de obter a correcta dieta dos alumnos e alumnas.
O Regulamento deste servizo está especificado no punto 5.1 do NOFC.
Os alumnos, unha vez rematada a súa quenda de xantar, estarán realizando actividades lúdicas ou de estudo baixo a supervisión dos responsables deste servizo.

MENÚS DO COMEDOR
1ª SEMANA
LUNS: Lentellas c/ verduras, arroz e chourizo. Tortilla de patacas feita ao forno. Froita de tempada.
MARTES: Caldo galego c/ grelos, patacas e fabas. Macarróns con xamón cocido. Froita de tempada.
MÉRCORES: Espaguetes c/verduras e tomate. Peixe ao forno c/ ensalada de tomate, leituga e cebola. Froita de tempada.
XOVES: Sopa de estreliñas (pasta, cabaciña, allo porro, tomate, pemento, cebola, cenoria). Zanco de polo ao forno c/ patacas guisadas e guarnición. Lácteo.
VENRES: Paella mariñeira (arroz, ameixas, mexillóns, calamares). Feixóns verdes c/ allada. Froita de tempada.
2ª SEMANA
LUNS: Escalopes de polo. Macarróns c/ atún (pasta, atún, tomate, allo porro, cabaciña, cebola). Froita de tempada.
MARTES: Arroz á cubana c/ salsa de tomate preparada na nosa cociña. Ensalada mixta (leituga, tomate, cebola e millo) ovo cocido e lombiños de porco. Froita de tempada.
MÉRCORES: Crema de verduras (acelgas, espinacas, chícharos, cenoria, feixóns verdes, pemento, cabaciña…). Peixe á prancha con cachelos. Lácteo.
XOVES: Sopa de fideos (pasta, cabaciña, allo porro, tomate, cebola, cenoria, pemento). Filete de pavo ao forno c/ salteado de champiñóns. Froita de tempada.
VENRES: Cachelos con sardiñas en conserva. Potaxe de garavanzos, arroz e verduras. Froita de tempada.
3ª SEMANA
LUNS: Lentellas c/verduras, arroz e chourizo. Tortilla de patacas feita ao forno. Froita de tempada.
MARTES: Ensalada de leituga, tomate e cebola. Albóndegas c/salsa de verduriñas e arroz en branco ( carne de tenreira e porco). Froita de tempada.
MÉRCORES: Sopa de fideo (pasta, allo porro, cenoria, pemento, cabaciña). Pescada á galega (pescada, patacas e chícharos). Queixo Arzúa-Ulloa c/ marmelo.
XOVES: Fabada c/ arroz. Sanjacobos. Froita de tempada.
VENRES: Empanada galega de atún. Macarróns c/ carne (pasta, carne vacún e porco, tomate, allo porro, cabaciña, pemento, cebola). Froita de tempada.
4ª SEMANA
LUNS: Sopa de marisco. Hamburguesa de polo ao forno. Ensalada de leituga, tomate, cebola e millo. Froita de tempada.
MARTES: Crema de verduras (espinacas, acelgas, cenoria, chícharos, patacas, feixóns verdes, pementos, cebola, allo, tomate). Filete de peituga de polo ao forno c/ patacas fritidas. Froita de tempada.
MÉRCORES: Brócoli c/ allada. Fideos c/ ameixas (pasta, ameixas, cebola, allo porro, cenoria, pemento, cabaciña). Froita de tempada.
XOVES: Potaxe de garavanzos, arroz. Tortilla de espinacas feita ao forno. Froita de tempada.
VENRES: Ensalada mixta (leituga, tomate e cebola). Pescada ao forno c/ patacas cocidas e allada. Flan, natillas ou xeado ecolóxico segundo tempada.
ALGÚNS DOS PROVEDORES DO CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA
Xearte Brigitte: Xeados artesáns (Compostela)
- Feitos con produtos de tempada e con leite fresca procedente de ganderías galegas.
- Certificado de Artesanía Alimentaria.
Entrelampo: Horta (Marrozos)
- Horta de tempada
- Asociación pro saúde mental sen ánimo de lucro.
- En conversión a ecolóxico.
Queixerías Bama: DOP Arzúa-Ulloa e DOP Queixo Tetilla (Touro)
- Queixos con Denominación de Orixe Protexida
Aboamigalla: IXP Pan de Cea e IXP Pan Galego (San Cristovo de Cea)
- Pan elaborado artesanalmente con Indicación Xeográfica Protexida.
Embutidos Lalinense: Embutidos (Lalín)
- Empresa familiar adicada á elaboración de embutidos de maneira tradicional.