Ir o contido principal

Listado de novas

Día da Paz 2026

O pasado venres 30 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz e non violencia. Comezou o coro cunhas cancións adicadas a este tema acompañadas de xestos que algúns dos pequenos se animaron a imitar. 

 

Unboxing Alice

"Unboxing Alice" é unha obra teatral en inglés que o pasado 26 de xaneiro o alumnado de 5º e 6º de educación primaria foi a presenciar a pesares do tempo que facía, choiva e vento, pero que non foi impedimento para desfrutar desta singular adaptación de "Alicia no país das marabillas" na que dous dos seus personaxes se fan Youtubers, recrean algunha das pasaxes adaptadas e sacan a nenos e nenas do público para que sexa un momento ameno e divertido. Velaí os tedes!

Educación viaria para 6º de primaria

Este pasado martes o alumnado de 6º de primaria acudiu ao recinto ferial de Amio para recibir unhas clases de educación viaria promovidas pola policía local de Santiago de Compostela. 

Este pequeno curso consiste nunha serie de explicacións e a súa posterior posta en práctica nun circuito instalado na nave. é unha actividade instructiva, divertida e tamén práctica, xa que son coñecementos que van utilizar na súa vida diaria. Velaquí os tedes!

Música e maxia no Auditorio de Galicia

O xoves 20 de novembro coincidindo co Día do Pixama, o alumnado de 3º e 4º curso de primaria asistiu a un concerto músico-máxico no Auditorio de Galicia, onde maxia e música mesturáronse ofrecendo unas momentos inesquecibles.

Chegou o tren do Magosto!

Chegou o Magosto ao noso colexio! O pasado martes 18 de novembro o tren das castañas fixo a súa tradicional parada no noso centro para celebrar todos xuntos esta festa típica da nosa comunidade. Primeiro baixaron os máis pequechos con ollos de curiosidade e prudencia a partes iguais xa que para eles este é un novo acontecemento para ser seguidos polos demais cursos.

Este froito da nosa terra foi degustado a continuación nas aulas e tamén nos patios, velaquí tedes a proba!

Día do pixama no cole!

O «Día de o Pixama», é unha actividade lúdica e educativa, que se celebra cada ano o día 20 de novembro, coincidindo coa aprobación da Convención Internacional dos Dereitos do Neno. Trátase dunha actividade na que os protagonistas son os nenos e nenas que dan visibilidade a outros nenos, baixo o lema "todo neno ten dereito a crecer en familia".

Para iso os alumnos de Educación Infantil e Primaria veñen este día ao colexio en pixama. Mirade que guapos están!

Parade, o Circo dos Valentes

O pasado 20 de marzo os nenos e nenas de educación infantil acudiron ao auditorio de Galicia para ver a peza teatral Parade, o Circo dos Valentes, cun acompañamento musical a cargo da Real Filharmonía de Galicia nada menos. Aos peques gustoulles moito coñecer a historia do elefantiño Babar.

Podedes ver o vídeo deste acto accedendo á galería.

 

Seguridade Vial en Amio

O pasado martes 8 de abril o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil acudiu ao recinto ferial de Amio para recibir unhas clases sobre seguridade vial. Estiveron moi atentos e polo que se pode ver nas fotos tiveron boa conta dos consellos e regras que lles deron. Velaí os tedes!

8 de marzo Día da Muller

Este pasado 8 de marzo, celebrando o Día da Muller, o alumnado de Educación Infantil levou a cabo unha serie de actividades para concienciar da importancia de medrar en igualdade.