Ir o contido principal

ANPA

A Anpa “A Landra” do colexio La Milagrosa, compoñémola un grupo de pais e nais que, desinteresadamente, traballamos para conseguir os seguintes obxectivos:

  1. Organizar actividades para os nosos fillos, tanto en colaboración co Centro, como pola nosa conta. 
    • Celebración da festividade da Milagrosa. Aportamos as medallas, os trofeos, facemos unas rifas para un sorteo, e por suposto, non pode faltar a merenda de confraternización, que se ven realizando no comedor do colexio, para todos, alumnos e as súas familias, profesores e persoal non docente.
    • O magosto para os nenos, co tren das castañas que tanto lles gusta!
    • A saída ao cine dos alumnos de Educación Primaria.
    • Animación para o alumnado de Educación Infantil.
    • A andaina da ANPA que, normalmente, se leva a cabo ao final do curso coma un día de lecer, no que participamos, profesores, alumnos, ex-alumnos e pais do Centro.
    • Con carácter puntual temos organizado algunha outra actividade, coma as colonias celebradas fai uns anos polo Nadal en colaboración co Concello de Santiago ou a peregrinación dende O Cebreiro, que fixemos algúns pais, nais e profesores, no Ano Santo de 2004.

 

  1. Servir de medio de comunicación entre familias e profesorado ante calquera suxestión, queixa ou dúbida que poida xurdir.

 

  1. Facilitar as familias socias o Acceso ao Fondo de Armario, unha iniciativa que anos atrás votou a andar unha nai da Anpa e que, polo de agora, tivo gran acollida.

Consiste en que as familias doemos ao fondo de armario as prendas do uniforme do colexio que xa non necesitemos e teñamos a posibilidade de recibir as que nos vexamos nos vaian facer falta.

Na seguinte ligazón podemos atopar máis información sobre o funcionamento e as normas de participación no fondo de armario:

Funcionamento fondo armario

 

 

COMPOSICIÓN DA XUNTA DIRECTIVA

Presidente: Marcos M. Salgado Uzal

Vicepresidente: Thierry Berger Bit de Parseval

Secretaria: Susana Amor Fernández

Tesoureira: Montserrat Quintela Carracedo

Vocais: César Pasín Antelo, Carlos A. García González, Francisco J. Barros Cerviño e Josueidy Carol Rivas Ocando

 

 

Contáctanos

A través do enderezo: anpa@colexioamilagrosa.gal