Concertos didácticos
O pasado 23 de febreiro os alumnos de 3º e 4º asistiron ao concerto didáctico "Música e evolución", que se corresponde coa nova disciplina da biomusicoloxía. Neste concerto empréganse 43 instrumentos musicais galegos diferentes usando un fío condutor que consiste en explorar o paralelismo entre a evolución da nosa especie e o desenvolvemento físico e musical dun neno e unha nena galegos.
O xoves 2 de marzo volveron de visita ao auditorio de Galicia a presenciar o espectáculo "Mini Mozart" que cunha linguaxe simple e con humor achegou a música do gran compositor austríaco aos nenos e nenas, facéndoos tamén partícipes da mesma con interaccións cos personaxes e coa orquestra.