Ir o contido principal

Desfile do Entroido 2023

Colexio A Milagrosa

Desfile do Entroido 2023

Unha vez máis o noso barrio puido desfrutar do desfile de Entroido do colexio La Milagrosa logo deste longo percorrido polo deserto que foi a pandemia. É un desfile moi especial donde as rúas que rodean ao centro énchense de cor e ledicia onde os sorrisos dos que o presencian son constantes ao ver aos máis pequenos engalanados para tan especial ocasión. Foi un día no que o tempo acompañou ofrecéndonos un día espléndido para que todo o alumnado do colexio lucise os disfraces tan bonitos que confeccionaron os profesores coa colaboración das nais e pais que puideron botar unha man para tan ardua tarea. Houbo estrelas de mar, cangrexos, sereas, peixes, mouchos, corvos, papagaios, pavos reais, bolboretas e ras, polo que foi un monográfico dedicado á fauna como se pode observar nas imaxes que vos deixamos aquí abaixo. O próximo desfile será no 2025, e é que todo o bon, faise esperar.

 

Galería completa de imaxes