Ir o contido principal

Listado de novas

Receita de Orellas de Carnaval en Slow Food da nosa cociñeira

Os cociñeiros e cociñeiras sostibles de Galicia dan a coñecer algunhas das súas receitas a través de Slow Food. Mónica, dende a cociña do noso comedor, pon tamén o seu gran de area neste cometido. Trátase dunha receita de orellas de Entroido que se a seguides e probades na casa, vades ver e probar que están riquísimas!

Educación vial 6º ed. primaria

O venres 19 de abril o alumnado de 6º de educación primaria asistiu ao recinto feiral de Amio para particpar no programa de seguridade vial “Móvete seguro con Moito Olliño” instalado pola Policía Local do concello de Santiago de Compostela.  Alí propuxéronlle difer

Ninja

Hoxe o alumnado de 5º e 6º foi ao teatro para desfrutar da obra "Ninja". Ninja é unha actuación coa que abordamos o acoso nas escolas a través dunha historia divertida e chea de reflexións sobre a tolerancia, o respecto e a diversidade e coa que queremos amosar que un dos pasos máis importante para resolver un problema é facelo visible.

 

Entroido 2024

Xa chegou o Entroido ao noso colexio un ano máis! Estivo cheo de super heroes e super heroínas, policías para controlar que ninguén se pasase da raia, princesas a esgalla, animaliños, piratas, personaxes de videoxogos... Mimadriña!! Daba para facer unha película que seguro que había todo o que fixese falta!

Visita ao CSIC

O pasado venres 26 de xaneiro o alumnado de 6º de educación primaria acudiu ao Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela, sede do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), para participar nunha serie de obradoiros no ámbito da ciencia e a investigación financiados pola Vicepresidencia Adxunta de Cultura Científica e Ciencia Cidadá do CSIC.

Día escolar da Paz e non violencia 2024

Este ano como os anteriores conmemoramos o día da Paz e non violencia levando a cabo unha serie de actividades no colexio feitas por todo o conxunto do alumnado. Fixeron mans de cores para elaborar un mural e flores con mensaxes positivas para poñer polas súas aulas e así engalanar o centro nesta sinalada data.

Sensibilización sobre o dereito a vivir en familia

O pasado luns 20 de novembro quixemos sensibilizar dende o colexio a toda a comunidade educativa sobre un tema que non aparece nas portadas dos períodicos nin nas cabeceiras dos medios de comunicación, pero que con todo, é unha realidade que está ao noso arredor e é importante que se coñeza.