Ir o contido principal

Excursión aos museos de A Coruña

""

Excursión aos museos de A Coruña

A comezos deste mes o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º foron de excursión aos museos científicos da Coruña. Visitaron a Casa das ciencias e o planetario, onde visionaron un interesante vídeo sobre as estrelas e o universo. Tamén acudiron á Domus, que foi o primeiro museo interactivo do mundo dedicado integramente ao ser humano, e para finalizar foron ao Aquarium Finisterrae, que é un centro adicado á educación medioambiental e á divulgación científica de temas mariños.

Foron visitas moi amenas e interesantes onde se achegan máis de perto ao mundo científico.

 

Accede á galería completa de imaxes