Ir o contido principal

ALCER

ALCER

ALCER

    

 

A semana pasada os alumnos de 6º de primaria recibiron a visita dunha integrante da asociación ALCER (Asociación para la Lucha Contra las Enfermedades del Riñón) dentro do seu programa "7 vidas", orientado a sensibilizar aos máis novos sobre as enfermidades renais, tratamentos substitutivos e a importancia da doazón de órganos. Tamén contaron coa presencia  dun voluntario con enfermidade renal crónica que foi trasplantado en dúas ocasións e está á espera de facelo de novo, co que puideron escoitar de primeira man o alcance desta doenza e o que supón no día a día de cada un destes pacientes.