Ir o contido principal

Entroido 2024

""

Entroido 2024

Xa chegou o Entroido ao noso colexio un ano máis! Estivo cheo de super heroes e super heroínas, policías para controlar que ninguén se pasase da raia, princesas a esgalla, animaliños, piratas, personaxes de videoxogos... Mimadriña!! Daba para facer unha película que seguro que había todo o que fixese falta!

Este ano tocaba vir cada un da casa como quixera, xa que o ano pasado foi cando fixemos o desfile, e menos mal, porque co tempo que estaba non iamos poder saír e ía ser unha verdadeira pena. Pero xa está todo así calculado, este ano choveu porque non había desfile da Milagrosa, para o ano que ven xa veredes, un sol espléndido!

 

Pincha aquí para acceder á galería de imaxes