Ir o contido principal

Día escolar da Paz e non violencia 2024

""

Día escolar da Paz e non violencia 2024

Este ano como os anteriores conmemoramos o día da Paz e non violencia levando a cabo unha serie de actividades no colexio feitas por todo o conxunto do alumnado. Fixeron mans de cores para elaborar un mural e flores con mensaxes positivas para poñer polas súas aulas e así engalanar o centro nesta sinalada data.

Para amosar todo este traballo tamén quixemos montar un vídeo con coreografías de cada un dos cursos e... tamén algúns que outros actores e actrices. Podedes ver o vídeo clicando neste enlace e poñendo o voso usuario (correo) e contrasinal.

Tamén vai a saír unha noticia sobre este día no podcast de Radio Faladoiro. Este audio é publicado o primeiro luns de cada mes no blog do colexio, O Recuncho de Mila.

Esperamos que vos guste!