Listado de novas

Servizos de Madrugadores e Tardíos

Para axudar a conciliar a vida familiar coa vida laboral, o Centro permanece aberto desde as 07,40 da mañá ata as 20,00 horas da tarde, de maneira que as familias que o desexen poidan distribuír mellor o seu horario.

Servizo de Comedor

O noso Centro conta cun Servizo de Comedor atendido polos mestres responsables deste servizo e por persoal non docente que se encarga da cociña e que elaboran diariamente un menú equilibrado, fixado ao principio de cada curso, para que cada familia complemente nas demais comidas do día, coa finalidade de obter a correcta dieta dos alumnos e alumnas.

Documentos

No caso de que necesite unha autorización sobre o alumnado, aquí ten dispoñible as plantillas de autorizacións.

Certificados

Se necesita algún tipo de certificado ou documento de xustificación, aquí ten as plantlillas dispoñibles

Calendario Escolar

Xa está dispoñible o calendario escolar 2019-2020. Se o desexa pode descargalo en formato PDF

Titorías

Coa finalidade de informar ás familias sobre a marcha dos seus fillos e fillas na súa aprendizaxe e formación, os Profesores Titores e as Profesoras Titoras teñen dispoñibles uns horarios para a atención e titorías.

Departamento de Orientación

O obxectivo principal do Departamento de Orientación é facilitar a planificación, desenvolvemento e avaliación da tarefa educativa adaptándoa ás peculiaridades dos diferentes niveis educativos en xeral, e a cada un dos nosos alumnos en particular.

Admisión de alumnado curso 2019/2020

Para o vindeiro curso 2019-2020 foron admitidas todas as solicitudes feitas en prazo para 4º de Educación Infantil.

Sen embargo, unha solicitude non foi admitida para 1º de Educación Primaria por falta de prazas vacantes.