Ir o contido principal

Listado de novas

Visita de ALCER

A asociación ALCER acudiu a tarde do luns 16 de febreiro ao noso colexio para falarnos sobre quenes son e a importancia da doazón de òrganos na nosa sociedade. Aprendimos e charlamos largo e tendido sobre a enfermidade renal crónica e animáronnos a reflexionar sobre todo o que falamos. Foi un pracer contar con eles!

 

As portas de Santiago

Sabías que o centro histórico de Santiago de Compostela estivo rodeado durante anos por unha gran muralla de case dous quilómetros? E que posiblemente no teu día a día atraveses algunha das portas da muralla que na Idade Media foron estratéxicas?. Pouco se sabe de como era a construción orixinal da muralla, aínda que o Códice Calixtino si facía referencia ás sete portas principais, que servían de comunicación entre a cidade e o espazo rural. Tratábase da Porta Faxeira, Porta da Mámoa, Porta do Camiño, Porta da Pena, Porta de San Francisco, Mazarelos e Porta da Trinidade.

Talleres con Leroy Merlín

A empresa Leroy Merlín ofreceu unha mañá diferente e divertida ao alumnado de segundo e terceiro ciclo de primaria. A través dun xogo de probas e preguntas aprenderon interesantes conceptos sobre a economía circular e o consumo responsable.

Galería completa de imaxes

Xornadas de teatro

O alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria foron a semana pasada ao colexio La Salle para disfrutar da maxia da representación Teatral “Peter Pan, la Aventura”, así como tamén puideron asistir ao teatro principal para presenciar a obra "Os Golfiños e o Xigante", onde o

Enviando as cartas ás Súas Maxestades de Oriente

O alumnado de Educación Infantil e de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria enviaron hoxe as súas cartas coas súas peticións para os tres reis de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar. Esperamos que todos se portasen moi ben para que lle traigan todo o que pediron dentro do posible, porque xa se sabe que todo ás veces non pode ser porque hai que repartir tamén cos demáis nenos e nenas do mundo. Velaquí os tedes depositando os seus desexos no buzón real para que logo o veña a buscar o paxe real e llo leve ás Súas Maxestades.

Visita do coro e rondalla á residencia Volta do Castro

Onte, día 21 de decembro do 2022, o coro e a rondalla do colexio foron visitar e amenizar con unhas panxoliñas a os maiores da residencia Volta do Castro. Esta era unha tradición que quedou truncada por causa da pandemia durante dous anos, pero que cando fose posible de retomar, íase facer.

41ª Carreira e festa da Milagrosa

Este ano volvimos a ter sorte e despois dunhas semanas de continuas choivas o pasado venres 25 de novembro o tempo deu unha tregua - non iba a ser menos - para que os nosos pequenos puidesen disputar unha vez máis a carreira da Milagrosa.