Listado de novas
Ninja
Hoxe o alumnado de 5º e 6º foi ao teatro para desfrutar da obra "Ninja". Ninja é unha actuación coa que abordamos o acoso nas escolas a través dunha historia divertida e chea de reflexións sobre a tolerancia, o respecto e a diversidade e coa que queremos amosar que un dos pasos máis importante para resolver un problema é facelo visible.

Entroido 2024
Xa chegou o Entroido ao noso colexio un ano máis! Estivo cheo de super heroes e super heroínas, policías para controlar que ninguén se pasase da raia, princesas a esgalla, animaliños, piratas, personaxes de videoxogos... Mimadriña!! Daba para facer unha película que seguro que había todo o que fixese falta!
Visita ao CSIC
O pasado venres 26 de xaneiro o alumnado de 6º de educación primaria acudiu ao Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela, sede do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), para participar nunha serie de obradoiros no ámbito da ciencia e a investigación financiados pola Vicepresidencia Adxunta de Cultura Científica e Ciencia Cidadá do CSIC.
Día escolar da Paz e non violencia 2024
Este ano como os anteriores conmemoramos o día da Paz e non violencia levando a cabo unha serie de actividades no colexio feitas por todo o conxunto do alumnado. Fixeron mans de cores para elaborar un mural e flores con mensaxes positivas para poñer polas súas aulas e así engalanar o centro nesta sinalada data.
O Magosto

O pasado 9 de novembro celebramos a festa do Magosto no noso colexio. A ANPA "A Landra" trouxo un tren de castañas onde todos os cursos se subiron para recoller o agasallo gastronómico típico desta época do ano. É unha festa que se leva a cabo por toda a nosa xeografía entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro.
Galería de imaxes