
O sábado 21 de setembro a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), a través de Slow Food, celebrou a festa de inauguración de curso con diversas actividades para nenos e adultos en Ponteareas (Pontevedra). Ao evento acudiron familias dos centros Km 0 de toda Galicia. Como non podía ser doutro xeito, alí estivo tamén a representación do noso colexio.
