Departamento de Orientación
O obxectivo principal do Departamento de Orientación é facilitar a planificación, desenvolvemento e avaliación da tarefa educativa adaptándoa ás peculiaridades dos diferentes niveis educativos en xeral, e a cada un dos nosos alumnos en particular.
Obxectivos:
- Facilitar a integración de cada alumno/a no grupo e no centro.
- Favorecer a orientación educativa.
- Fomentar no grupo de alumno/as o desenvolvemento de actitudes participativas tanto no centro como no seu contorno.
- Efectuar un seguimento global dos procesos de aprendizaxe dos/as alumnos/as para detectar as dificultades e as n.e.e., ao fin de axeitar as respostas educativas e, de ser necesario, facilitar os oportunos apoios.
- Proporcionar reforzo pedagóxico aos/as alumnos/as que o necesiten.
- Desenvolver recursos de personalización da ensinanza.
- Coordinar o proceso avaliador dos/as alumno/as e asesorar sobre a promoción dun ciclo a outro.
- Contribuír á innovación metodolóxica didáctica