Ir o contido principal

Festas da Milagrosa 2023

Colexio A Milagrosa

Festas da Milagrosa 2023

 

O venres 24 de novembro foi un día especial no colexio porque se celebraba a 42ª Carreira da Milagrosa. 42 edicións! Esta competición eu creo que xa pasou a ser unha clásica no Concello de Santiago. 
Tivemos sorte co tempo, xa que despois de un mes de continua choiva, esta deunos un respiro. Non se podía pedir un día mellor para esta competición: frío si, pero un sol radiante e o chan seco, moi importante para non esvarar como ocorre nalgúns casos desafortunados.
As carreiras sucedéronse co fervoroso apoio dos pais que alí se achegaron e os alumnos e alumnas que non estaban competindo nese momento. Houbo moita emoción e ata nalgúns casos se tivo que revisar o vídeo para ter certeza das posicións finais.

 

 
Despois da carreira os de sexto levaron a cabo o seu típico "mercadillo" no que poñen á venta xoguetes, libros e outras cousas coas que xogaban cando eran máis pequenos a un precio módico. Deste xeito hai unha reciclaxe e os maiores recaudan para o fondo da excursión. Contan por aí que foi todo un éxito! Parabéns!

 

 
Ás 12:00 celebrouse a entrega de premios nun patio cheo ata á bandeira, onde se corearon os nomes dos premiados e premiadas.
 

 

 

 

 

 
 
 
O luns 27 foi o día da nosa patroa e acudimos a celebralo á igrexa de San Fernando. O coro e a rondalla amenizaron tan singular día e os alí presentes puideron desfrutar das súas interpretacións. Mesmo algún fregués lle preguntou aos artistas o nome dalgúns dos temas!

 

No podcast de Radio Faladoiro, que sae o primeiro luns de cada mes, o cal podedes atopar no blog do colexio "O Recuncho de Mila", algúns dos alumnos de quinto fan a súa reportaxe destas especiais datas.