Festa do deporte
O pasado 30 de setembro os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria asistiron á terceira edición da Festa do Deporte, organizada polo Concello de Santiago e que se celebrou no complexo deportivo de Santa Isabel.
O tempo non acompañou nesta data, xa que orballaba con frecuencia e o campo estaba mollado, polo que os nosos alumnos só se fixeron unhas poucas actividades no exterior, carreira de sacos, hockey herba e xogos varios, para logo pasar ao pavillón fuxindo das inclemencias do tempo. Alí puideron desfrutar de deportes coma o tenis de mesa, xadrez, badminton, karate, baile…
Foi unha xornada que seguro que se non é polo tempo atmosférico aínda se desfrutaría máis, xa que había numerosas actividades de exteriores, pero foi divertida e diferente e coa finalidade de mostrarlle aos máis pequenos diferentes deportes e actividades para así facelos coñecedores do amplo abano do que dispoñen.