Ir o contido principal

A Milagrosa

Fondo

Festa do deporte

Festa do deporte
Categoría
A Milagrosa

O pasado 30 de setembro os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria asistiron á terceira edición da Festa do Deporte, organizada polo Concello de Santiago e que se celebrou no complexo deportivo de Santa Isabel.

O tempo non acompañou nesta data, xa que orballaba con frecuencia e o campo estaba mollado, polo que os nosos alumnos só se fixeron unhas poucas actividades no exterior, carreira de sacos, hockey herba e xogos varios,  para logo pasar ao pavillón fuxindo das inclemencias do tempo. Alí puideron desfrutar de deportes coma o tenis de mesa, xadrez, badminton, karate, baile…

Foi unha xornada que seguro que se non é polo tempo atmosférico aínda se desfrutaría máis, xa que había numerosas actividades de exteriores, pero foi divertida e diferente e coa finalidade de mostrarlle aos máis pequenos diferentes deportes e actividades para así facelos coñecedores do amplo abano do que dispoñen.

Festa do deporte

Enviado por admin o
Inicia sesión para ver o contido de esta sección.

Showcooking na Milagrosa

Categoría
A Milagrosa

O pasado mércores 25 de setembro Ana Oca, ex-concursante e finalista de Master Chef Junior visitou o noso colexio para mostrarnos a través dunha sesión en directo de cociña (showcooking) diferentes maneiras de elaborar peixe coa finalidade de facerlle este alimento máis atractivo aos nosos pequenos.

A prensa local tamén se fixo eco deste acontecemento en La Voz de Galicia.

 

showcooking​​​​​​           showcooking

 

Merenda de 6º

Merenda de 6º
Categoría
A Milagrosa

O pasado venres 21 de xuño os alumnos de 6º celebraron a súa tradicional merenda acompañados das súas familias, xunto co patronato da fundación e o profesorado, para conmemorar o seu paso polo colexio.

Merenda de 6º

Recibíronse agasallos por ámbalas dúas partes, e léronse textos emotivos redactados especialmente para o evento. Entre os regalos destacou un cadro fermosísimo elaborado por dúas alumnas, no que se pode apreciar o colexio e unha imaxe da Virxe Milagrosa.

Este acto simboliza o fin dunha etapa e o comezo dunha nova. Esperamos que os nosos alumnos garden tan grato recordo coma temos nós deles.

Moita sorte.

Excursión aos museos científicos da cidade de A Coruña

Excursión aos museos científicos
Categoría
A Milagrosa

O xoves día 20 de xuño, os alumnos de 3°, 4°, 5° e 6° cursos de educación primaria realizaron unha visita cultural aos “Museos científicos coruñeses”. Esta actividade comprende tres museos de ciencia interactivos: a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae. O seu obxectivo é ofrecer ao alumnado estímulos e recursos para incorporar a ciencia a súa cultura, para comprender mellor o mundo no que vivimos.

Apícolis

Apícolis
Categoría
A Milagrosa

Excursión a Apípolis, na que os alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria puideron comprobar en primeira persoa a importancia das relacións existentes entre os seres humanos e as abellas, achegándoos aos diferentes procesos naturais das mesmas e facendoos coñecedores da problemática que afecta a estas especies.

 

Apípolis

Enviado por admin o
Inicia sesión para ver o contido de esta sección.

Visita á residencia de maiores "Volta do Castro"

VISITA Á RESIDENCIA DE MAIORES “VOLTA DO CASTRO”
Categoría
A Milagrosa

Como ven sendo habitual o noso coro e rondalla foron a facer unha visita aos maiores que se encontran na residencia “Volta do Castro” en Santiago de Compostela para que teñan un momento agradable no que cantar e recordar panxoliñas interpretadas polo noso alumnado. Tamén a realidade que afrontan os internos é algo que os nenos ven, sen afondar nas particularidades, pero que lles pode facer reflexionar sobre as diferentes etapas da vida e as diferentes situación que se poden dar nela. É polo tanto unha visita que é beneficiosa para os dous actores da mesma, maiores e nenos e nenas.

Educación viaria 6º Educación infantil

Categoría
A Milagrosa

O pasado 12 de marzo os alumnos de 6º de Educación Infantil acudiron ao recinto ferial de Amio para unha clase práctica de educación viaria impartida pola policía local de Santiago de Compostela.

Os recursos didácticos que se presentaron pretenden incidir en cuestións sinxelas e importantes que poidan chegar a influír nestes primeiros momentos da vida do escolar, coa finalidade de que sexan maís conscientes desta parte importante do seu entorno próximo.

Primeiros auxilios

Primeiros auxilios
Categoría
A Milagrosa

Voluntarios de protección civil de Santiago estiveron presentes no colexio durante a pasada e a presente semana para dar un pequeno cursiño aos alumnos de Educación Primaria sobre primeiros auxilios coa finalidade de que os nenos e nenas do colexio teñan unhas nocións básicas de como comportarse ante unha situación de emerxencia.

Esta experiencia estivo constituída por unha charla teórica e unha clase práctica onde os nenos e nenas puideron experimentar como se fai unha recuperación cardiorespiratoria ou como é a posición de seguridade no caso dun accidente.

Primeiros Auxilios

Enviado por admin o
Inicia sesión para ver o contido de esta sección.

Entroido 2019

Entroido 2019
Categoría
A Milagrosa

O pasado venres 1 de marzo celebramos no noso colexio o Entroido 2019, cun espectacular desfile polos arredores do colexio. Os alumnos e alumnas de educación infantil foron disfrazados dalgúns dos personaxes de “Alicia no país das marabillas”, coma a propia Alicia, o Gato de Cheshire ou o Sombrereiro Tolo.

Entroido 2019

A temática das famosas películas de Toy Story foi a escollida polos nenos e nenas de 1º e 2º, enchendo as rúas do noso barrio de Buzz Lightyears, de Jessies e de Buddies.

Entroido 2019

De piñas e de árbores foron os de 3º e 4º respectivamente. Ían tan ben que ata algún paxaro se posou nalguha das súas pólas!

Entroido 2019

 

Finalmente foron os nosos maiores, os de 5º e 6º, os que escolleron os disfraces de balóns e de árbitros, facendo que a rúa enteira se enchera de asubíos alí por onde pasaban. Qué tremendo ruido!

Entroido 2019

 

Entroido 2019 - Desfile

Enviado por admin o
Inicia sesión para ver o contido de esta sección.

Obra teatral "O Faiado"

Obra teatral "O Faiado"
Categoría
A Milagrosa

Os alumnos de 5º e 6º de educación primaria asistiron o luns día 18 de febreiro a una representación teatral no Teatro principal de Santiago de Compostela titulada “O Faiado” onde, durante unha hora, mesturáronse o teatro, as acrobacias e a música en directo.

Misa de Nadal 2018

Misa de Nadal 2018
Categoría
A Milagrosa

O xoves 20 de decembro celebramos a nosa tradicional Misa do Nadal, como despedida aos nosos alumnos despois deste longo trimestre e para desexarlles a eles a todas as familias que forman parte do colexio unhas felices festas e un feliz Aninovo.

Como é habitual o coro e a rondalla do colexio deron a nota de cor musical ao evento con un recital de panxoliñas moi aplaudido polos asistentes, mentres que os máis pequenos puxeron o momento máis entrañable coas súas poesías a Virxe María e ao Neno Xesús.

Obra de teatro "De los Cuentos a las Cuentas"

Obra de teatro "De los Cuentos a las Cuentas"
Categoría
A Milagrosa

O día 6 de novembro, os alumnos de 5º e 6º de educación primaria asistiron no Auditorio Abanca a un espectáculo de teatro titulado “De los cuentos a las cuentas” que está enmarcado dentro da programación para escolares da Obra Social Fundación Abanca. O cartel de Artes Escénicas así como o programa de Educación Financeira, traen esta obra que pretende trasladar aos nenos  e nenas como as súas accións poden contribuír na mellora da economía familiar. A obra recibiu en 2017 o Premio de Actualidade Económica e CECA.

De los Cuentos a las Cuentas

Saída ó teatro

Saída ó teatro
Categoría
A Milagrosa

Os alumnos de educación infantil asistiron o mércores día 31 de outubro no Auditorio de Galicia a una representación teatral titulada “A gata con zocos” na que desfrutamos coa música en directo da Banda Municipal de música de Santiago de Compostela. Trátase dunha comedia musical na que se revisa o conto tradicional de “O gato con botas”.

Visita as ETAP e EDAR

Visita as ETAP e EDAR
Categoría
A Milagrosa

O 26 de outubro os alumnos e alumnas de 5º e 6º de educación primaria visitaron a Estación de Tratamento de Augas Potables (ETAP) de Silvouta e a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Aríns, coa finalidade de coñecer da man dos profesionais de cada unha das instalacións o ciclo urbano da auga.

 

ETAP e EDAR

 

Educación Viaria

Educación Viaria
Categoría
A Milagrosa

O venres 26 de outubro os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria participaron no programa de Educación Viaria promovido pola Policía Local do Concello de Santiago de Compostela.

Este programa ten como obxectivos incorporar nos escolares, hábitos de seguridade e de colaboración na súa condición de peóns e de condutores de bicicletas e ciclomotores e adquirir actitudes positivas ante as normas de convivencia cidadá,concretamente as que regulan a circulación.

Por outra banda a visita ás instalacións da Policía Local busca dar a coñecer o funcionamento deste organismo como servizo público municipal e o procedemento para a utilización dos seus servizos, aproximar á comunidade escolar á análise dos valores e mecanismos que rexen o funcionamento das sociedades e, en especial, os relativos aos dereitos e deberes da cidadanía e finalmente apreciar os valores e normas básicas presentes na convivencia na cidade, fomentando actitudes de respecto e colaboración.

Educación Viaria

Enviado por admin o
Inicia sesión para ver o contido de esta sección.

Primeiro día de colexio. "Aprender juntos es mejor" cos cans Flora e Lila

Primeiro día de colexio
Categoría
A Milagrosa

O pasado 12 de setembro iniciábamos un novo curso escolar, e foi un día especial, xa que non só os nosos pequenos reencontrábanse cos seus amigos despois das vacacións de verán, senón que tíñamos a visita de dous “alumnos” moi especiais, Flora e Lila, dous cans labradores que viñeron a facer máis doado este novo comezo, dentro das xornadas “Aprender juntos es mejor”. Léronse contos e historias e os nenos e nenas puideron achegarse aos cans e pasar unha xornada diferente cos seus vellos amigos e coas novas “amigas”.

Aquí vos deixamos uns enlaces onde poden ver e escoitar a crónica deste día reflexada nos medios de comunicación:

 

  • TELEXORNAL TVE GALICIA:

http://www.rtve.es/alacarta/videos/telexornal-galicia/gal-20180912inf/4734563/

Salimos dúas veces, no minuto 1’08 e no 10’50

 

  • LA VOZ TELEVISIÓN:

https://www.lavozdegalicia.es/video/sociedad/2018/09/12/lila-flor-saben-motivar-alumnos/0031_2018095834098421001.htm

 

  • RADIO GALEGA:

http://www.crtvg.es/rg/podcast/galicia-por-diante-galicia-por-diante-do-dia-12-09-2018-3901025 

Salimos no minuto 11’23

 

  • RADIO VOZ GALICIA: 

https://we.tl/t-mGKYEmHDR8  (link descarga)

Salimos no minuto 59’54