Este ano como todos os anteriores,
fumos á Volta do Castro a visitar aos nosos maiores.
Foi un encontro agradable nestas datas sen igual,
para desexarlles a todos eles un feliz Nadal.
Cantáronse panxoliñas e tamén algunha outra petición,
xa que o público asistente reclamaba "Outra canción!".
Despois do espectáculo esperaba un pequeno banquete,
e foron a repoñer forzas dende o capitán ata o grumete.
