O luns 20 de xaneiro o alumnado de 3º e 4º de Primaria acudiu ao Teatro Principal para acompañar a Mina na súa viaxe.
Esta obra de monicreques titulada A Teteira de Kabul fálanos do valor da paz.
A súa protagonista, Mina, é unha nena afgá que ten que abandonar o seu fogar como consecuencia da guerra. Xunto á súa familia emprende unha longa viaxe na que, a pesar das duras condicións, irá descubrindo a beleza do tránsito grazas ás historias que lle conta súa nai e que ela garda nunha teteira.