Ir o contido principal

Seguridade vial

Colexio A Milagrosa

Seguridade vial

A pasada semana visitou aos alumnos e alumnas  de 4º a policía local de Santiago de Compostela  para que coñezan os obxectivos da Campaña de  Educación Viaria, como son dar a coñecer as normas básicas que incumbe aos menores como peóns e usuarios de vehículos, crear hábitos en relación có uso diario das vías públicas polos nenos, familiarizar a estes coas mensaxes que transmiten os sinais de tráfico, iniciar ao menor no respecto ás normas no uso da bicicleta, así como promover que as normas e valores inculcados no aula non queden só alí, senón que o integren no seu contexto diario, o que axudará a reforzar uns hábitos de comportamento seguros e respetuosos coa Seguridade Viaria.