O pasado venres 30 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz e non violencia. Comezou o coro cunhas cancións adicadas a este tema acompañadas de xestos que algúns dos pequenos se animaron a imitar.
Máis tarde houbo unha serie de mensaxes para que o alumnado reflexione e se dea conta de que hai actitudes que nun primeiro momento poden parecer graciosas, pero que se lle fan dano a alguén xa deixan de selo.
Tamén se fixeron dous murais, un no que chovían símbolos de paz e amor e outro titulado "O muro da Paz", no que os alumnos e alumnas foron colocando cada un un bloque cunha mensaxe positiva para levantar este muro contra a intolerancia e violencia.
Finalmente puxéronse unhas cancións relativas a esta temática onde se lanzaron globos, fixéronse coreografías e todos puideron desfrutar e compartir un momento de alegría e paz en común.