Apípolis, a cidade das abellas
Os nenos e nenas de 1º e 2º fixeron unha visita a Apípolis. É un centro para a comprensión das relacións existentes entre os seres humanos e as abellas, que se encadra dentro dos Equipamentos para a Educación Ambiental. Apípolis pretende facilitar o achegamento a determinados procesos naturais, posibilitando que os visitantes poidan vincular as súas vivencias cotiás a eles, así como ás problemáticas que lles afectan.
Alí coñeceron máis de perto ás abellas e ata se vestiron como auténticos apicultores para achegarse máis á vida deste pequeno pero importantísimo animal.