Saídas de 6º de EP
Como cada ano, a Policía Local de Santiago ensinounos normas básicas de Educación Vial no recinto feiral de Amio. Foi unha mañá moi divertida!
O venres 17 de marzo, os alumnos e alumnas de 6°EP visitamos o Panteón da Catedral de Santiago. Mediante un entretido xogo de adiviñas e mímica recordamos as ilustres figuras da nosa historia que alí se atopan.