![Colexio A Milagrosa Colexio A Milagrosa](/sites/default/files/default_images/colexio_a_milagrosa.png)
41ª Carreira e festa da Milagrosa
![](/sites/default/files/inline-images/_DSC7797_118.jpg)
Este ano volvimos a ter sorte e despois dunhas semanas de continuas choivas o pasado venres 25 de novembro o tempo deu unha tregua - non iba a ser menos - para que os nosos pequenos puidesen disputar unha vez máis a carreira da Milagrosa. Moita expectación e moitos nervios tamén, é unha ocasión moi especial na que as emocións están a flor de pel como pode atestemuñar calquera dos que alí estivo presente.
![](/sites/default/files/inline-images/_DSC7890_Trofeos1.jpg)
Comezaron coma sempre os máis pequenos seguindo una orde cronolóxica para rematar co alumnado de 6º de Educación Primaria. Logo celebrouse a entrega de trofeos por cursos e categorías para pasar a desfrutar dunha xornada festiva onde o alumnado de 6º celebrou o tradicional mercadiño onde recaudan cartos para a excursión de fin de curso.
![](/sites/default/files/inline-images/_DSC7774_Todo%20ben.jpg)
Como a data da carreira tradicional (26 de novembro) coincidía en sábado, esta celebrouse o día anterior, polo que coincidía co día en contra da voilencia de xénero e sendo así todo o persoal do centro e o alumnado portaron un lazo para concienciar sobre este problema. Ademáis previa á entrega de trofeos houbo un minuto de silencio en memoria das vítimas e en sinal de rexeitamento a esta lacra da nosa sociedade.
![](/sites/default/files/inline-images/_DSC7885_D.%20Luis%20ANPA.jpg)