Ir o contido principal

Eleccións Consello Escolar

Colexio A Milagrosa

Eleccións Consello Escolar

ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS OU TITORES/AS LEGAIS DO ALUMNADO NO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO

Estimadas familias:

De acordo coa Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, a XUNTA ELECTORAL deste centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar para a renovación de representantes do SECTOR DE NAIS E PAIS OU TITORES/AS LEGAIS DO ALUMNADO.

Notificamos de xeito resumido, os principais aspectos relativos á elección dos/das representantes de pais e nais ou titores/as legais do alumnado.

  1. ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS OU TITORES/AS LEGAIS DO ALUMNADO
  1. Electores

Son o pai e a nai ou titores/as legais do alumnado matriculado no centro e que figuren no censo de pais/nais que estará exposto dende o día 10 de novembro no taboleiro de anuncios do colexio.

  1. Elixibles

Todos os electores son elixibles sempre e cando presenten a súa candidatura. Se Vde. quere ser candidato/a ten que solicitalo á Xunta Electoral, poñéndose en contacto co centro educativo.

O prazo de presentación de candidaturas abrirase dende este venres 11 ata o venres 18 do presente mes.

  1. Elección

A votación para a elección dos pais e nais ou titores/as legais que corresponde renovar farase, entre os candidatos admitidos e proclamados pola Xunta Electoral, o martes 29 de novembro no centro en horario de mañá de 9.40h a 10.40h e de tarde de 17h a 18.30h.

O voto será directo, segredo e non delegable. Cada elector acreditará a súa personalidade mediante a presentación do DNI ou calquera documento acreditativo e fará constar na papeleta un nome.

 

  1. CALENDARIO ELECTORAL APROBADO POLA XUNTA ELECTORAL


NOVEMBRO

 


DECEMBRO