Premios concurso de debuxo esclerose múltiple
250 nenas e nenos participaron na campaña “Cores para a esclerose” de ACEM con motivo do vindeiro Día Mundial da Esclerose Múltiple .A campaña desenvolveuse durante un mes con motivo do vindeiro Día Mundial da Esclerose múltiple (30 de maio de 2021), contou coa colaboración dos Concellos de Santiago, Ames, Teo, Brión e Oroso e da empresa Alcampo.
O gañador na categoría C (5º e 6º de Educación Primaria) foi Pablo Castro Bueno de 6º. Por outra banda Cibrán Rey Castromil quedou en segunda posición na categoría B (3º e 4º de EP), e é que temos uns auténticos artistas no noso colexio.
A presidenta de ACEM quixo agradecer o compromiso dos centros educativos que fixeron o esforzo de incluir esta actividade na súa axenda para sumarse á campaña Cores para a esclerose: o CEIP Pío XII e o CPR La Milagrosa de Santiago, o CEIP do Camiño Inglés, o CEIP de Sigueiro e o CRA de Oroso; o CEIP Agro do Muiño de Ames; o CRA de Teo, e o CEIP de Pedrouzos.
Os doce debuxos finalistas formarán parte dun calendario solidario e todos os debuxos forman parte xa dunha exposición en ACEM.