Ir o contido principal

Día da Paz

Día da Paz
Categoría
A Milagrosa

Onte celebramos no noso colexio o Día da Paz. Reunímonos todos os profesores e alumnos, e tamén se achegaron as nais e pais que o desexaron para esta conmemoración tan importante nos nosos días , para fomentar a tolerancia, o respecto, o diálogo e a empatía, coa finalidade de facer fronte ao ambiente de crispación que vivimos na actualidade. E que mellor xeito que facelo dende a escola, dende que son nenos, e non só neste día, senón en tódolos días das súas vidas.

Dia da paz

Comezou o coro e a rondalla acompañados do alumnado de 6º de infantil que fixeron unha fermosa coreografía para seguir cunha serie de poemas recitados polos alumnos de 5º de primaria mentres os nenos e nenas de 1º e 2º desfilaban cunhas imaxes facendo referencia ao que se estaba a escoitar. As alumnas de 6º traduciron á vez que soaba a canción de Bob Dylan “Blowin’ in the Wind” e os alumnos de 3º e 4º recitaron outros poemas e lembraron unhas célebres frases de personaxes importantes da historia.

O coro e rondalla pechou esta sinalada xornada cun bonito repertorio preparado para a ocasión que fixo as delilcias dos alí presentes.

Dia da paz