
O pasado martes 11 de febreiro o alumnado de 5º e 6º de primaria acudiu ao Auditorio Abanca para ver a obra de teatro en inglés "My funny Frankenstein". Nesta peza teatral a Dra. Frankenstein está a preparar unha festa para revelar a súa creación máis recente: un monstro formado a partir de partes de corpos humanos. Convidou a criaturas horribles de todos os recunchos: zombis, vampiros, esqueletos e pantasmas. Con todo, cando tenta dar vida ao monstro cunha descarga eléctrica, os resultados non saen como esperaba… Unha divertida e musical versión renovada do clásico de terror de Mary Shelley.