Festa da Milagrosa 2021

Festa da Milagrosa 2021

O pasado 26 de novembro como cada ano celebramos no noso colexio as festas da Milagrosa. Este é o segundo ano que o evento sucede no contexto da pandemia do CoVid-19 pero aínda así puidemos levar a cabo unha xornada festiva respectando os protocolos e logrando que os rapaces e rapazas tiveran uns agradables momento de lecer. O sábado 27 foi o Día da Milagrosa que se celebrou na igrexa de San Fernando coa asistencia de numeroso público.

A carreira tradicional non se puido levar a cabo por motivos evidentes xa que atrae a moitos familiares e curiosos e nestes tempos é mellor evitar aglomeracións. Porén si que nos visitaron a contacontos Ana Facchini e o mago Charlie Braun para que a ilusión e imaxinación fixeran acto de presencia en tan sinalada data. A primeira deleitou cas súas aventuras ao alumnado de Educación Infantil e tamén ao de 1º e 2º de Educación Primaria facendo que todo o público participase, mentres que o segundo encheu de asombro aos nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º, deixandoos pasmados cos seus trucos.

  Galería completa de imaxes