Ir o contido principal

Entroido 2022

Colexio A Milagrosa

Entroido 2022

Esta semana celebramos o Entroido cun photocall o xoves onde o alumnado disfrazouse de elementos tradicionais da cultura galega. Educación Infantil foron uns peregrinos e peregrinas moi simpáticos, 1º e 2º de Educación Primaria de gaiteiros e traxes tradicionais, 3º e 4º de peliqueiros e 5º e 6º dos fitos de pedra que indican o camiño de Santiago. Como unha imaxe vale máis que mil palabras máis abaixo pódese apreciar o ben que ían disfrazados.

         

         

         3º primaria

4º primaria

         5º primaria

6º primaria

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O venres o disfraz era libre e así cada un veu ao colexio co que máis lle gustou. Houbo de todo, moitos superheroes e princesas, personaxes de videoxogos e debuxos animados e un moi largo etcétera. Pasárono moi ben nunha xornada festiva celebrando unha das épocas máis alegres da nosa cultura.

 

Ver galería de imaxes