Ciberacoso
O pasado xoves visitounos no colexio unha policía nacional para falarnos sobre o acoso. Ensinounos que o acoso é unha forma de maltrato verbal, físico ou psicolóxico que no caso dos estudantes se experimenta nos centros educativos e tamén nas redes sociais. Este último recibe o nome de ciberacoso. Consiste en usar a tecnoloxía para ameazar, avergoñar, intimidar ou criticar a outras persoas a través de textos, fotografías ou mensaxes que se publican nas redes coa intención de facer dano.
Este texto pertence a unha nena de 6º de primaria que reflexa unha realidade a cal o noso alumnado estará moi exposto nun futuro moi cercano. A prevención para detectar estas situacións é de maiúscula importancia para evitar posibles problemas e actuar con prontitude. Mostráronse moi interesados no tema e participaron con numerosas preguntas sobre qué se pode ou non se pode facer e como actuar ante estas situacións, que é sempre contarllo aos pais/nais e/ou a calquer membro do profesorado.