Ir o contido principal

Charla de ALCER con 6º de primaria

Colexio A Milagrosa

Charla de ALCER con 6º de primaria

A pasada semana a Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril (ALCER) fixo partícipes aos alumnos de 6º de primaria dunha charla na que  se falou da importancia da doazón de órganos para salvar vidas ou para cambiar a millor outras, grazas a estos transplantes. Deste xeito indicaron que é moi importante adquirir hábitos de vida saudables pola nosa propia saúde para previr calquera tipo de doenza.

O alumnado mostrouse moi participativo e interesado no tema e ademáis puideron ter respostas de primeira man, xa que unha das persoas que acudiu ao centro foi un rapaz transplantado fai só dous meses e que antes estaba en diálese, polo que lles transmitiu unha vivencia real deste problema e da súa solución.

  A Asociación fíxose eco desta visita nas súas redes sociais:

  Instagram

  Twitter

  Facebook