
Como cada ano, a asociación ALCER acudiu ao noso centro para explicar e concienciar aos maiores de 6°EP sobre a necesidade da doazón de órganos en xeral, e de ril en concreto. Incidiron na necesidade de falar sobre este tema en familia, aclarando a multitude de dúbidas que xurdiron.
Desta charla tamén se fixo eco en La Voz de Galicia, noticia que podedes ver aquí.