Campaña "Come local"
O noso comedor escolar participa na campaña “Come Local” levada a cabo por Slow Food Compostela para a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal). Preténdese con esta inciativa poñer en valor os produtos galegos con certificado de calidade:
D.O.P. (Denominación de Orixe Protexida),
I.X.P. (Indicación Xeográfica Protexida),
D.O. (Denominación de Orixe),
I.X. (Indicación Xeográfica)
e produtos ecolóxicos de proximidade, como ferramentas de trazabilidade e transparencia para resaltar a orixe do produto.