A Milagrosa
42ª Carreira Pedrestre de Santiago
Algúns dos nosos alumnos e alumnas do colexio animáronse a participar na 42ª Carreira Pedestre de Santiago. Aquí temos unhas cantas fotos dos nosos valentes!
42º Carreira Pedestre de Santiago
Obradoiro de danza
O mércores 6 de febreiro do 2019, os alumnos e alumnas de educación infantil participaron nun obradoiro de danza impartido no colexio por dúas bailarinas profesionais da compañía “Entremáns”.
Poñendo o noso grao de area
Durante este longo confinamento algúns dos nosos pequenos de educación primaria participaron nunha iniciativa para poñerlle cor e intentar animar ao persoal sanitario do Hospital Clínico de Santiago de Compostela e aos seus visitantes.
Esta proposta constaba na confección dun mural con debuxos e mensaxes de ánimo para así transmitirlles a súa ledicia e esperanza para darlles folgos nesta situación tan complicada.
Entroido 2020
Hoxe celebramos o Entroido no noso colexio por todo o alto. Viñeron todas as personalidades importantes do momento: Spiderman, Elsa de Frozen, Songoku, Lady Bug… Bueno, bueno, tan importante era a cita que ata viñeron unhas señoras cos rulos postos a ver que era o que aquí pasaba. E non levaron decepción ningunha como se pode apreciar nas imaxes!
Día da Paz
Onte celebramos no noso colexio o Día da Paz. Reunímonos todos os profesores e alumnos, e tamén se achegaron as nais e pais que o desexaron para esta conmemoración tan importante nos nosos días , para fomentar a tolerancia, o respecto, o diálogo e a empatía, coa finalidade de facer fronte ao ambiente de crispación que vivimos na actualidade. E que mellor xeito que facelo dende a escola, dende que son nenos, e non só neste día, senón en tódolos días das súas vidas.
Comezou o coro e a rondalla acompañados do alumnado de 6º de infantil que fixeron unha fermosa coreografía para seguir cunha serie de poemas recitados polos alumnos de 5º de primaria mentres os nenos e nenas de 1º e 2º desfilaban cunhas imaxes facendo referencia ao que se estaba a escoitar. As alumnas de 6º traduciron á vez que soaba a canción de Bob Dylan “Blowin’ in the Wind” e os alumnos de 3º e 4º recitaron outros poemas e lembraron unhas célebres frases de personaxes importantes da historia.
O coro e rondalla pechou esta sinalada xornada cun bonito repertorio preparado para a ocasión que fixo as delilcias dos alí presentes.
Semana de teatro
A pasada semana o noso alumnado foi en varias ocasión ao teatro. O luns 13 os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º acudiron ao Teatro Principal para presenciar a obra “Nómades”, un espectáculo visual donde o movemento, o escenario e a luz están constantemente relacionados entre si.
O martes 14 os alumnos de Educación Infantil e os de 1º e 2º curso de primaria foron ao teatro Lasalle para ver a obra “Los Músicos de Bremen”, onde un burro, un can, un gato e un galo embarcaranse nunha gran aventura para formar unha banda e poder deixar atrás a súa vida na granxa.
E finalmente o mércores os alumnos de 5º e 6º de primaria foron ao auditorio Abanca para presenciar unha obra totalmente en inglés, “Unboxing Alice”, onde os personaxes Tweedle Dee y Twee Dum cunha escenografía youtuber introduciron ao público – a unha parte del literalmente – no universo de “Alicia no país das maravillas” dun xeito moi ameno e cómico.
FOTOS
Visita do paxe real dos Reis Magos ao colexio
O pasado venres veu polo colexio o Paxe Real dos Reis Magos de Oriente a recoller as cartas con tódalas peticións dos mais pequenos para este Nadal.
Paxe real dos Reis Magos de Oriente 2018
Charla epilepsia
O martes 10 de decembro do 2019 o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria asistiu a una charla informativa organizada pola Unión Galega de Epilepsia na que unha psicóloga da asociación nos mostrou, tanto na teoría coma na práctica, os pasos a seguir no caso dunha crisis epiléptica así como en que consiste dito trastorno.
Festas da Milagrosa 2019
Día 26 de Novembro. Carreira e festividades
Estes pasados 26 e 27 de novembro celebramos as festas da Milagrosa no colexio. O luns 26 tiveron lugar as carreiras de cada un dos cursos, nos que os nosos alumnos deron o mellor de sí mesmos arroupados por unha entregada aficción formada por nais pais e avós, ademáis do resto do alumnado. Ao finalizar cada unha das carreiras entregábaselles aos participantes un pequeno aperitivo para repoñerse despois de tan grande esforzo.
Unha vez rematada a competición procedeuse á entrega de trofeos nunha sala chea cos participantes e coas familias que puideron asistir a tan sinalado acontecemento. Os premios foron entregados aos tres primeiros clasificados tanto en categoría feminina coma masculina, onde en varios casos houbo que recorrer ao vídeo para comprobar que as posicións eran as correctas. Menos mal que estamos á última en tecnoloxía! Tamén tivo lugar o sorteo dunha torre de son na que unha man inocente foi a encargada de repartir a sorte entre as familias que posuían as rifas e se animaron a colaborar para a realización do evento.
Cando terminou a entrega de trofeos os alumnos de 6º de primaria levaron a cabo o seu “mercadillo” tradicional no que recaudan cartos para a súa excursión ao final do curso. Levan os xoguetes cos que xa non xogan e os contos que xa non len para, por un precio módico, pasarllos aos máis pequenos facendo desta maneira unha labor de reciclaxe tan importante nestes días. Esta reunión comercial tivo unha grande acollida e foron numerosos os nais, pais, avós e avoas que se animaron a mercarlle un xoguete ou un conto aos máis pequenos da súa familia colaborando deste xeito coa excursión dos alumnos de 6º.
Xa pola tarde comezou a parte máis lúdica destas as nosas festas. O alumnado de infantil desfrutou da actuación do grupo de animación infantil “Las Pamisukis”, que fixeron as delicias dos máis novos con cancións, xogos e coreografías. Incluso tiveron unha visita inesperada, e é que veu a saudalos Sky, unha das integrantes máis queridas da famosa “Patrulla Canina”, sobre todo polas nenas. Foin unha tarde na que desfrutaron moito xogando e bailando as súas canción favoritas.
Mentres esto tiña lugar, os alumnos de primaria foron todos ao pavillón a desfrutar dunha gran variedade de xogos e actividades. Nada máis chegar xa había un DJ que animou en todo o momento aos rapaces e rapazas que desexaron participar nos bailes e coreografías que propoñían con grandes éxitos tanto actuais coma xa de fai un tempo. Houbo moitas risas entre os nenos e tamén coa intervención dalgún dos profesores alí presentes. Pero mentres esto tiña lugar tamén houbo quen preferiu xogar ao fútbol, baloncesto ou a xogos máis populares coma a a corda, a buxaina ou a culler e o ovo, aínda que para non poñer todo perdido e non andar xogando coa comida sustituíronse os ovos por pelotas de ping pong. E os máis valentes atrevéronse a cruzar a escaleira só coa forza dos seus brazos, e é que temos uns grandes atletas no noso colexio!
Ao remate das actividades lúdicas había que repoñer forzas na tradicional merenda no comedor do colexio que ofrece a asociación de nais e pais xunto coas familias que queren colaborar aportando algunha vianda para o desfrute de todo o que queira alí asistir.
Día 27 de Novembro. Día da Milagrosa
O día 27 foi o día da Virxe Milagrosa, patroa do colexio, e fomos á catedral a darlle as gracias por estar con nós e axudarnos en todos os momentos en que precisamos dela. Celebrouse ás 12 do mediodía coincidindo coa misa do peregrino e asistiu toda a educación primaria do centro así coma os alumnos de infantil que quixeron ir xunto con algún dos seus familiares.
Foi o noso coro e rondalla os que puxeron a nota musical á cerimonia, deixando ben alto o pavillón do noso colexio coa súa excepcional actuación e demostrando aos asistentes o ben coordinados que están e o ben que o poden facer.
E este foi o colofón das nosas festas que esperamos que fosen do agrado de todos os que as desfrutaron. Antes de rematar con esta crónica queremos agradecer á directiva da ANPA a súa implicación nesta celebración, que fai posible que se desenvolva dunha maneira máis doada coa súa inestimable axuda. Grazas a eles e a todos os que colaboraron nunha nova edición das nosas festas, as festas do Colexio La Milagrosa!
Festa da Milagrosa 2019
Biodiversión
Os alumnos de 6° EP foron científicos por un día o pasado 23 de novembro. Dende o Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia pertencente ao CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas), no contexto do programa “Biodiversión”, os alumnos de sexto realizaron unha serie de obradoiros moi interesantes, poñéndose en contacto coa ciencia dun modo lúdico e divertido.
Biodiversión
Teatro "Troya" de 5º e 6º
O martes 29 de outubro do 2019, os alumnos de 5º e 6º de primaria asistiron a una representación Teatral titulada “Troya” no Auditorio de Abanca en Santiago de Compostela dentro do programa de educación financeira para estudantes. O argumento da obra baseouse nas fraudes na tecnoloxía, algo que afecta moi de preto hoxe en día.
Teatro "A gata con zocos" educación infantil
O mércores día 30 de outubro o alumnado de educación infantil do noso cole asistiu no Auditorio de Galicia á representación da comedia musical “A gata con zocos”, protagonizada por un grupo teatral e a Banda de música de Santiago de Compostela, na que se revisa o conto tradicional O gato con botas.
"A Gata con Zocos", saída ao Teatro Educación Infantil
Educación viaria 4º EP
O alumnado de 4º de primaria realizou un módulo teórico e outro práctico de Educación Viaria coa Policía Local de Santiago de Compostela. Os alumnado recibiu a formación teórica nas súas aulas. A fase práctica consistiu en percorrer un circuíto urbano a fin de experimentar os contidos explicados no módulo teórico. O percorrido finalizou nas dependencias da Policía Local, onde ademais de analizar os datos observados na ruta, se lles amosou a sala de tráfico dende onde manexan os ciclos semafóricos da cidade e se observa a través de pantallas o movemento dos vehículos e a circulación.
Educación Viaria 4º EP
Xogos populares
Sesión de xogos populares en Educación Física, na que desfrutamos do sol e practicamos xogos como a buxaina, as bolas, tira da corda, carreira de sacos, a mariola… que tan bos momentos fixeron pasar aos nosos pais e aos nosos avós e como non, a nós.
Xogos Populares
Charla doazón de órganos
Este xoves pasado os alumnos de 6º de primaria tiveron unha charla impartida pola Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril (ALCER) coa finalidade de conciencialos da importancia da doazón de órganos.
España está á cabeza mundial neste apartado, pero Galicia está moi por debaixo da media española polo que o fomento desta iniciativa é de vital importancia xa que do que estamos a falar é de salvar vidas.
Cada un de nós pode doar seis órganos vitais (corazón, pulmóns, ril, páncreas, fígado e intestino) e a médula espinal, os cales lle poden dar unha nova oportunidade de vivir a outra persoa.
A charla discorreu de forma amena xa que se lles invitaba a participar de maneira continuada e eles se mostraron participativos e interesados no que se lles estaba a contar, polo que se pode dicir que foi unha actividade moi productiva.