Ir o contido principal

Información e prezos

Colexio A Milagrosa

Información e prezos

Actividades extraescolares

Estimada familia:

Coincidindo co inicio do curso 2022-2023, o  centro pon a vosa disposición a relación de actividades que se propoñen para o presente curso.

  • Inglés: dúas sesións semanais compatibles coas quendas do comedor (35€), que se realizarían nos seguintes horarios:

12.30-13.30: 3º,  4º e 5º  de Educación Primaria.

13.30-14.30: Educación Infantil, 1º , 2º e 6º de Educación Primaria.

Esta actividade terá continuidade ata o 21 de xuño incluído.

  • Baile Moderno. Luns ou martes de 17h a 18h.
  • Taekwondo. Mércores de 17h a 18h.
  • Francés. Xoves de 12.30 a 13.30 (5º) e de 13.30 a 14.30 (6º).

 [Estas actividades teñen un custo de 20€].

  • Robótica. Luns ou Xoves de 17h a 18h. [custo da actividade 25€].

O centro oferta ademáis as seguintes actividades:

  • Tardíos por ciclos: Cada ciclo disporá dun aula.

O custo do servizo de tardíos de 17:00h a 18:00h será de:

  • Un día de tardíos ................10 euros.
  • Dous días de tardíos ...........20 euros.
  • Tres días de tardíos.............25 euros.
  • Catro días de tardíos...........30 euros.

  • O custo da ampliación horaria de tardíos será de 20 euros. Os días soltos teñen un custo engadido de 5 euros.

Horario:

De luns a xoves de 18:00 a 20:00.

Os venres de 16:30 a 18:30

  • Fútbol campo: O equipo E.D.S. Santa Marta continuará a actividade co alumnado do noso centro. Dependerá única e exclusivamente do propio club. Recollerán ao alumado no centro e realizarán os traslados ata as instalacións do campus universitario. Se algún alumno ou alumna quere participar nesta actividade pode poñerse en contacto co club a través do número de teléfono 697408573 ou no correo electrónico info@edssantamarta.com.

O importe das actividades abonarase no seguinte número de conta ES25 - 2080-0314-39- 3040013323 de ABANCA.

Os ingresos deberán efectuarse no transcurso dos dez primeiros días de cada mes. En cada abono deberán figurar: apelidos e nome do alumno/alumna, curso e o mes ao que corresponde. Recomendamos gardar a copia a fin de solucionar posibles erros.

Coordinadora de Actividades Extraescolares.

Dona Felisa Pérez Ferreiro.

 

Actividades Extraescolares 2022-23