Educación vial 6º ed. primaria
O venres 19 de abril o alumnado de 6º de educación primaria asistiu ao recinto feiral de Amio para particpar no programa de seguridade vial “Móvete seguro con Moito Olliño” instalado pola Policía Local do concello de Santiago de Compostela. Alí propuxéronlle diferentes situacións que podemos encontrar na rúa no noso día a día, poñéndose no papel de condutores, ciclistas e peóns. Desta forma, aprenderon a respectar as sinais de tráfico e as normas de circulación.