Ir o contido principal

Listado de novas

Fondo libros

ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.

Entroido 2022

Esta semana celebramos o Entroido cun photocall o xoves onde o alumnado disfrazouse de elementos tradicionais da cultura galega. Educación Infantil foron uns peregrinos e peregrinas moi simpáticos, 1º e 2º de Educación Primaria de gaiteiros e traxes tradicionais, 3º e 4º de peliqueiros e 5º e 6º dos fitos de pedra que indican o camiño de Santiago. Como unha imaxe vale máis que mil palabras máis abaixo pódese apreciar o ben que ían disfrazados.

Festa da Milagrosa 2021

O pasado 26 de novembro como cada ano celebramos no noso colexio as festas da Milagrosa. Este é o segundo ano que o evento sucede no contexto da pandemia do CoVid-19 pero aínda así puidemos levar a cabo unha xornada festiva respectando os protocolos e logrando que os rapaces e rapazas tiveran uns agradables momento de lecer. O sábado 27 foi o Día da Milagrosa que se celebrou na igrexa de San Fernando coa asistencia de numeroso público.

Ciberacoso

O pasado xoves visitounos no colexio unha policía nacional para falarnos sobre o acoso. Ensinounos que o acoso é unha forma de maltrato verbal, físico ou psicolóxico que no caso dos estudantes se experimenta nos centros educativos e tamén nas redes sociais. Este último recibe o nome de ciberacoso. Consiste en usar a tecnoloxía para ameazar, avergoñar, intimidar ou criticar a outras persoas a través de textos, fotografías ou mensaxes que se publican nas redes coa intención de facer dano.