Listado de novas
Enviando as cartas ás Súas Maxestades de Oriente
O alumnado de Educación Infantil e de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria enviaron hoxe as súas cartas coas súas peticións para os tres reis de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar. Esperamos que todos se portasen moi ben para que lle traigan todo o que pediron dentro do posible, porque xa se sabe que todo ás veces non pode ser porque hai que repartir tamén cos demáis nenos e nenas do mundo. Velaquí os tedes depositando os seus desexos no buzón real para que logo o veña a buscar o paxe real e llo leve ás Súas Maxestades.
Documentos
A continuación poñemos á súa disposición unha serie de documentos de utilidade:
Autorización para abandoar só/a o centro Clic aquí
Slow Food km 0
Un novo éxito do colexio, nesta ocasión da man da xestión do comedor. O 16 de Xuño, José Luis Cabarcos Corral, director de AGACAL (Axencia Galega da Calidade Alimentaria), otorgou a certificación "km 0" ao noso centro por medio de Slow Food Compostela, acreditación que certifica ao noso comedor como un seguro de calidade alimentaria para os nosos alumnos e alumnas.