Ir o contido principal

Listado de novas

Unha volta polo mundo

Este curso 2023-2024 o proxecto para o fomento do uso do galego chámase "Unha volta polo mundo", promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca.

Educación viaria 6º infantil

O pasado martes 10 de outubro os nenos e nenas de 6º de infantil acudiron ao recinto ferial de Amio para participar en actividades de Educación Viaria.

O noso comedor participa na IV Edición de Come Local

Este curso participamos de novo na campaña "Come Local" impulsada pola Xunta a través de AGACAL en colaboración con Slow Food Compostela. 

Será todo un pracer degustar produtos galegos IXP, DOP e Ecolóxicos e continuar coa formación e asesoramento k proporciona Slow Food.

Excursión aos museos de A Coruña

A comezos deste mes o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º foron de excursión aos museos científicos da Coruña. Visitaron a Casa das ciencias e o planetario, onde visionaron un interesante vídeo sobre as estrelas e o universo.

Apípolis, a cidade das abellas

Os nenos e nenas de 1º e 2º fixeron unha visita a Apípolis. É un centro para a comprensión das relacións existentes entre os seres humanos e as abellas, que se encadra dentro dos Equipamentos para a Educación Ambiental. Apípolis pretende facilitar o achegamento a determinados procesos naturais, posibilitando que os visitantes poidan vincular as súas vivencias cotiás a eles, así como ás problemáticas que lles afectan.

Alí coñeceron máis de perto ás abellas e ata se vestiron como auténticos apicultores para achegarse máis á vida deste pequeno pero importantísimo animal.

Fondo libros curso 2023-2024

ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24